Dende as 10:30h. desta mañá os Reis Magos están no municipio de Vilariño de Conso. Tras pasar pola Casa do Concello iniciaban un percorrido polas aldeas deste concello co fin de saudar a nenos e maiores e agasallalos con caramelos e outras sorpresas.
O traxecto iniciábase en Pradoalbar, logo continuaban por Entrecinsa, Sabuguido, Soutogrande e voltaban a Vilariño para, a partir das 16:30h. dirixirse á Veiguiña, Conso, Mormentelos e, finalmente, a Castiñeira.
Fotos cedidas.