SanidadeÚltima hora

Os retos da medicina rural abordaranse en Ourense nunhas xornadas de carácter nacional

En dous días de intensa programación, 240 profesionais de medicina familiar e comunitaria de todos os servizos de saúde de España

 

A cidade de Ourense acollerá os vindeiros días 5 e 6 de novembro as “V Xornadas de Medicina Rural” congreso de carácter nacional da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (SEMFYC) que a pandemia suspendeu en 2020 e agora, por fin de xeito presencial, e co lema “Retomando o Camiño” reunirá no Centro Cultural Marcos Valcarcel a médicos e residentes en formación de todo o país. O enconro está organizado por especialistas de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Á presentación deste foro científico, que tiña lugar esta mañá en Ourense, asistiron as presidentas do comité organizador, Cristina Margusino e Trinidad Gamarra, xefa do servizo de Atención Primaria de Xinzo de Limia e facultativa do Centro de Saúde de Pontedeva; a directora de procesos asistenciais da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Mar Vázquez, o vicepresidente de Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e Laura López xefa territorial de Sanidade en Ourense.

En dous días de intensa programación, 240 profesionais de medicina familiar e comunitaria de todos os servizos de saúde de España -que agotaron as inscricións nos primeiros días- afondarán as distintas respostas a problemáticas comúns no medio rural, non só de tipo sanitario, senón de infraestruturas ou servizos, ou a falta deles, e como esta realidade afecta á asistencia sanitaria.

Cristina Margusino, presidenta do comité organizador, destaca problemas como comunicacións ou transportes, habituais no medio rural de todo o estado, efectan aos pacientes á hora de acudir a consulta, ou a realizar unha proba diagnóstica no centro de saúde ou hospital.

En Galicia “están moi avanzadas algunas fórmulas que solventan ou diminúen estas dificultades”, di, “desde a historia clínica electrónica á telemedicina con programas como Telea”, e aposta por seguir avanzando.

Neste mesmo aspecto incidíu Mar Vazquez Salvado, directora asistencial da Área Sanitaria, que destacou que estas ferramentas posibilitan salvar estas dificultades de comunicación e destacou o uso que, cada vez mais, fan os profesionais das tecnoloxías da información, o que permite, por exemplo, combinar atencións presenciais e telefónicas, “para levar a medicina rural ao máximo nivel de calidade, grazas aos excelentes profesionais que a levan a cabo” destacou.

Pola súa parte, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, tamén médico e con moitos anos de exercicio no rural, destacou o esforzó de exercer neste ámbito e tamén a colaboración esencial da propia comunidade, destacando que a medicina rural é tremendamente importante no noso entorno e provincia.

Trinidad Gamarra, presidenta do comité científicos, destacou o crecemento destas xornadas que partiron do Grupo de Traballo de Medicina rural da SEMFYC co obxectivo posto en iniciativas de mellora e tamén pensando na formación dos residentes. Por elo este ano a principal novidade do encontro de Ourense foi a organización de obradoiros prácticos

“A Medicina Rural esta moi viva, e ten moito que ensinarnos” subliñou a doutora Gamarra, que destacou o importante número de comunicación presentadas de todo tipo de temáticas, desde actividades comunitarias, a técnicas, iniciativas de formación, etc.

A doutora Margusinos destacou o reto e ilusión de organizar estas xornadas “somos médicos de familia, especialistas que facemos o noso labor nun pobo ou área illada, lonxe moitas dos hospitais e enfrontámonos día día a un traballo incerto”. Por elo subliñou “A formación nunha zona rural debe ser constante, porque estamos moitas veces solos, o médico e o enfermeiro, formamos un equipo”.

A xefa do servizo de A Limia destacou tamén a importancia da coordinación no rural. “atendemos a persoa desde que nace ata que more, atendemos á familia, atendemos á comunidade” Por elo, considera é imprescindible un esforzó de informar e aos pacientes e á comunidade nas patoloxías mais común e tamén “conectarnos cos medios sociais e todos os equipos que traballan para mellorar a saúde nas comunidades: As asociacións de pacientes, a Cruz Vermella, os Concellos.. Todos temos que facer un traballo comunitario e ilusionante”

Artigos relacionados

Back to top button