CulturaCulturaÚltima hora

Os segredos da artesanía en madeira, da man de Christian Pombo no Barco

Este artesán valdeorrés impartía a pasada fin de semana un obradoiro na Casa do Río Cigüeño

 

Do tallado e da artesanía en madeira saen multitude de utensilios que se empregan na vida cotiá, dende instrumental de cociña e pezas de adorno ata bolígrafos. Así o explicaba e mostraba o valdeorrés Spoombini, Christian Pombo, no obradoiro de artesanía que impartía a pasada fin de semana na Casa do Río Cigüeño no Barco.

 

 

Unhas 16 persoas asistían a esta actividade formativa, organizada por Valdeorras Vive xunto a Ethos MTÜ e Spoombini co apoio do programa Erasmus+. No seu decurso descubrían cal e o material base do que se parte para tallar, como se fan os deseño e logo, paso a paso, o proceso manual de traballo desa madeira ata convertela nos máis diversos accesorios e pezas artísticas.

Fotos: Valdeorras Vive.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button