SanidadeÚltima hora

Os sindicatos critican que o Hospital de Valdeorras estea sen hematólogos neste momento

Exterior do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tanto CIG Saúde cmo UGT veñen de facer pública a súa preocupación ante a falta de profesionais que hai nestes momentos no servizo de Hematoloxía do Hospital Público de Valdeorras (HPV), no Barco. “En xaneiro deste ano, o hospital quedou cuberto só por unha hematóloga de presenza física, das dúas prazas que existen. Esta profesional estivo asumindo o traballo de todo o servizo, co único apoio de que parte das gardas se cubriran mediante atención telefónica dende o CHUO. Isto último lonxe de arranxar a situación, contribuíu a sobrecargar o servizo, deixando tarefas que quedan pendentes por non poder solucionalas por teléfono, e ocasionando ás veces traslados dos pacientes a Ourense, que de estar de presenza física non serían necesarios”, aseguran dende CIG Saúde, quen demais apunta que “dende xaneiro a xerencia tivo tempo de máis para buscar solucións”.

Este sindicato incide ademais en que “na actualidade esa única hematóloga que quedaba no HPV tampouco vai estar temporalmente, polo que os doentes a día de hoxe, están sendo atendidos vía telefónica, como se de unha cita telefónica de primaria se tratase”. Para CIG-Saúde “esta é unha situación insostible e perigosa, que compromete a seguridade do paciente, e así se trasladou a xerencia á que lle esiximos que se tomen medidas urxentes para solucionar a situación do servizo de hematoloxía do HCV, que permitan dar unha atención de calidade en igualdade de condicións que ao resto de pacientes da área sanitaria”.

De maneira semellante se manifesta UGT. “Unha vez máis, cúmprense os peores prognósticos que faciamos na última mobilizacióin en defensa dunha Sanidade digna e de un HPV con plantilla completa. Diciamos daquela que as oposicións que estaban en curso non solucionaba os problemas do hospital, xa que a plantilla de especialistas era e é, insuficiente de por si, xa que o que se está facendo non é aumentar plantilla, senón completar a insuficiente que temos. Proba disto é que a día de hoxe o Hospital está sen hemólogo/a, xa que a única que tiñamos, dunha plantilla de dúas, está de baixa. O mesmo que pasa en oftalmoloxía, onde estamos só cunha profesional, porque o outro está de baixa dende hai meses. Non só se dá esta situación nas especialidades referidas, en traumatoloxía e cirurxía tamén están de baixa profesionais”.

Para UGT a situación da hematoloxía “é especialmente grave, xa que no caso dos doentes con patoloxías graves e moi graves non teñen ningunha atención. As consultas están sen facer as novas patoloxías, non se realiza o seguemento de doentes operados e ingresados, bueno, si se fai a través de chamadas telefónicas ou dándolle a “oportunidade” de ser vistos en Ourense”. Ademais este sindicato apunta que “hematoloxía fai o seguimento dun, desgraciadamente, bo número de doentes con patoloxías de seguimento diario cunha gravidade extrema en moitos dos casos”.

Artigos relacionados

Back to top button