CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os universitarios de Quiroga poderán facer os seus exames dende a Aula Cemit desta vila

O Concello de Quiroga vén de adherirse ao convenio asinado entre as tres universidades galegas e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a utilización destas instalacións municipais

Aula Cemit de Quiroga./ Foto cedida.

 

Os universitarios quirogueses poderán facer os seus exames dende a aula CeMit da Casa da Cultura. Así se vén de anunciar dende o Concello de Quiroga, que se adheriu ao convenio asinado entre as tres universidades galegas e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a utilización das aulas CeMIT polos estudantes que queiran realizar os seus exames durante este curso.

“Con este convenio preténdese que todos os estudantes universitarios poidan realizar os seus exames sen necesidade de desprazarse fisicamente as súas facultades tras tomarse a decisión de suspender a actividade docente presencial para evitar a propagación do Coid-19”, indica o Concello de Quiroga.

Tras a sinatura deste convenio, a Aula da Rede CeMIT (situada na Casa da Cultura) estará a disposición dos estudantes das tres universidades galegas durante os meses de xuño e xullo.

 

Os estudantes que queiran utilizar este recurso informático deberán de inscribirse previamente na casa da cultura a través do tfno 982.43.51.25, posto que é preciso que quede rexistrado como usuario da Rede CeMIT, e se lle reserve o día e a hora no que quere realizar o exame.

 

Artigos relacionados

Back to top button