Á parte das castañas os asistentes compartiron unha boa merenda con doces e licores incluídos
Un ano máis, os veciños do edificio Pelegrín, na rúa Conde Fenosa do Barco de Valdeorras, celebraban o seu particular magosto, na tarde-noite do venres 21 de novembro.
Nunha parcela que lles presta CEDIE para a ocasión, en torno ás corenta persoas xuntábanse nunha festa que duraría ata pasada a media noite.
As castañas asadas non foron máis que o cume dunha completa merenda na que non faltaron os chourizos, a panceta, os doces e os licores de todo tipo. “Cada veciño trae unha cousa e ao final todos xuntos compartimos comida, risas e conversas” explica un dos veciños, asegurando que tamén contaron con algún convidado doutros puntos do pobo, tendo no magosto a excusa excusa perfecta para xuntarse e pasar un rato de festa.