DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os veteranos do C.D. Rúa métense na final da Copa Bierzo-Valdeorras

Co 5-2 vencían ao Trobajo no partido de volta de semifinais disputado no campo rues do Aguillón

Moi intensa foi a tarde do 27 de maio no campo de fútbol rues do Aguillón, no que pudemos a ver aos máis pequenos e tamén aos maiores do C.D. Rúa.

Primeiro, os prebenxamíns goleaban (10-2) aos cativos do Fabero. E a continuación os veteranos tamén vencían aos leoneses do Trobajo del Camino, na semifinal da Copa de Veteranos Bierzo-Valdeorras, trala liga na que o equipo rues se estreaba nesta tempada.

Despois do 3-4 no partido de ida en terras leonesas, o Rúa partía con vantaxe na volta, e malia que foron os do Trobajo os que se adiantaron no marcador cos dous goles temperáns, David Pérez abría o marcador local que finalmente daba a volta sumando 5 goles fronte aos 2 visitantes. Con esta nova vitoria, o C.D. Rúa pasa á final.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button