EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da Adega Pousadoiro protagonizan a segunda sesión do ciclo “Cata a Arte”, en Ourense

 

Pousadoiro, a adega de colleiteiro situada na parroquia de Barral, pertencente a Castrelo de Miño e dentro da Denominación de Orixe Ribeiro, presentaba onte os seus vinos brancos Pousadoiro e Norte & Sur en cata vertical no segundo evento do ciclo “Cata a Arte”, acompañados da música antiga con instrumentos da época como a vihuela, executada por Juan Vázquez. A acción desenvolveuse na planta baixa do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, espazo onde está situada a exposición “Dimensión social dunha erótica da arte” de César Taboada, una mostra de pintura que presenta “unha mestura de xeografías, culturas e persoas que rompe os prexuízos que unen e separan ás diferentes civilizacións”.

Con aforo completo novamente, os máis de 100 asistentes probaron o viño Pousadoiro das colleitas 2021 e 2018 e o viño cunha elaboración especial en ánfora de barro, Norte & Sur dos anos 2015 e 2013. En resumo, organizouse unha cata distendida e moi animada guiada polo propietario da adega, Alfredo Fernández, amenizada coa interpretación de música calmada que incitaba á relaxación e goce dos viños.

 

 

Nesta oitava edición continuouse coas catas solidarias, solicitando que cada asistente colabore cun donativo dirixido integramente para Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson y Enfermedades Raras (AODEMPER), organización sen ánimo de lucro que leva dende 1996 ao carón das persoas con Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermedades Raras da provincia de Ourense e das súas familias. Algúns dos servizos que ofrecen son os de psicoloxía clínica, fisioterapia, logopedia, traballo social e educación social.

 

 

Viño e arte

O ciclo celebrarase durante cinco xornadas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, dende o 3 de novembro ata o 1 de decembro con presentacións e degustacións de viños de adegas da D.O. Ribeiro e con accións culturais. O seu aforo está limitado a 100 persoas por xornada, e as prazas serán cubertas por orde de retirada dos convites de xeito presencial no Centro Cultural dende o luns anterior a cada evento.

O xoves 17 de novembro será o momento da cata de Viña Costeira, onde presentará tres dos seus viños acompañados dun concerto de blues en acústico co coruñés Néstor Pardo. O 24 de novembro será o intre para a Adega Arco da Vella, onde Benito Eladio Rodríguez presentará os seus viños Torques do Castro (branco) e Tarabelo (tinto), todo elo harmonizado cun recital poético e cancións á viña e ao viño. E para rematar esta oitava edición, o broche final poñerao o 1 de decembro a Bodega Alanís, que fará unha degustación do seu viño Gran Alanís 2021 en harmonía co espectáculo “Ilusionismo Gran Reserva”, da man de Magia en la manga.

Artigos relacionados

Back to top button