EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei, na presentación de “Chefs on Fire”

Os viños da Denominación de Orixe Monterrei veñen de ser escollidos para a presentación de “Chefs on Fire”, o mellor festival gastronómico internacional que chega a Madrid no outono de 2024.

Nunha volta ás orixes, “Chefs on Fire” reta a 20 grandes figuras do panorama gastronómico internacional e nacional a saír das súas cómodas e modernas instalacións para cociñar exclusivamente con lume e leña.

O primeiro cartel avanzado inclúe nomes como Janaína Torres, mellor cociñeira do mundo segundo The World’s 50 Best Restaurants, Henrique Sá Pessoa (2 estrelas Michelin), Lucía Freitas (2 Soles Repsol) ou Carlos Casillas (1 estrelas Michelin, 1 estrela Verde Michelin e 1 Sol Repsol. Ademais, gozarán dunha excelente programación musical con artistas como Pájaro Sunrise, La Perra Blanco, Coni Lechner e Ariel Brínguez o Caballo Prieto Azabache.

Back to top button