Un total de 27 personas participaban na “Cata das Estrelas”, un evento no que, un total de cinco viños, catro brancos da variedade Godello e un tinto, da variedade Mencía, foron “maridados” con outros tantos fenómenos astronómicos, cuxa selección realizaron Jorge Mazaira, director técnico da D.O., e Óscar Blanco, director do Centro Astronómico, respectivamente.
A experiencia, calificada por ambos como “exitosa”, espera ser a primeira de outras colaboraciones desta índole, que desexan “poder volver a repetir no futuro”. A escuridade da noite e un ceo despexado, permitiu o comezo dunha cata supeditada ao “momento e hora no que se pode ver cada elemento”, explicou Jorge Mazaira. Así, a Lúa crecente que observaron “solo ao comezo da noite” deu pé a degustar un godello de 2023, “que acaba de nacer e está no seu momento de crecemento, empezando a vivir”, matizou.
Seguiu a cata coa búsqueda da “Estrela Polar”, a que máis sabe de orientación, “coa importancia que ésta ten para a situación dos viñedos”, comentou Óscar Blanco. Constelacións con estrelas de maior edade trouxeron a degustación de viños máis maduros como un Godello de 2022 “onde puidemos constatar unha evolución con respecto ao momento no que naceu o viño”, explicou Mazaira.
Así, o “Triángulo do Verán”, “unha figura formada por tres estrelas de constelacións diferentes e situadas a distintas distancias, fálanos do tempo e da antigüedade”, conceptos que en viticultura tradúcense en historia e evolución dos viños. “Para falar de onde poden chegar os nosos viños, abrimos un Godello de 2009, catorce anos de viño que che din que tras ese tempo, os nosos viños chegan en condicións óptimas”, segundo os promotores.
A cata finalizou cun viño tinto variedade Mencía, inspirado no planeta vermello, “pero Marte finalmente no se deixou ver, polo que observamos a Estrela Superxigante vermella ‘Antares’, da constelación de Escorpio”, detallou Blanco.
As catas acompañáronse dunha selección de pinchos inspirados en pratos tradicionais, ademáis dunha selección de queixos, embutidos, marmelo e turrón. Esta iniciativa estivo organizada en conxunto polo Consello Regulador da D.O. Valdeorras e o Concello da Veiga.

