CulturaCulturaÚltima hora

Óscar Figueruelo: “Sen os lectores as historias quedarían en silencio”

O mestre presentaba na Biblioteca Municipal da Rúa o seu libro "Calma"

 

Na tarde do venres 5 de abril a Biblioteca Municipal da Rúa acollía a presentación de Calma, libro escrito por Óscar L. Figueruelo Burrieza e editado por Avant Editorial.

Ambientado en plena era covid, “é o resultado de incontables horas de dedicación, paixón e, sobre todo, dun profundo amor polas palabras e as historias que elas poden contar”, asegura Ángeles Terrón, amiga persoal de Óscar, que interviña no acto xunto ao propio autor e ao concelleiro de Cultura da Rúa, José Vicente Solarat.

 

 

Diante dun público de diferentes idades e amante da literatura, Óscar daba as grazas “desde o máis profundo do meu corazón a todos os que fixeron posible este soño: á editorial, por crer neste proxecto; á miña familia e amigos, polo seu apoio incondicional; e, por suposto, a vostedes, os lectores, quen son a razón última de que este libro cobre vida. Sen vostedes, as historias quedarían en silencio”.

O acto finalizaba cunha rolda de preguntas por parte dos asistentes e a entrega dunha placa que reproduce a lápida romana dedicada a Lucio Pompeyo Reburro Fabro, que se conserva na fachada dunha casa situada na contorna da igrexa de Santo Estevo, da Rúa Vella.

Artigos relacionados

Back to top button