CulturaCulturaÚltima hora

Paco Ascón presenta “Mis Reflexiones Vitales” no Museo Yosso, no Bolo

 

Dous meses despois de asistir á presentación do libro póstumo de Yosso, Monforte, 1951-52 no seu museo no Bolo, na tarde deste sábado 20 de xullo o pintor e escritor Paco Ascón volvía ao museo para presentar a súa propia obra, Mis Reflexiones Vitales, nun emotivo acto presentado pola xornalista Manola Porto que contaba coa presenza de medio centenar de persoas.

 

Paco Ascón asinando o libro.

 

Segundo propio Ascón, este libro é unha viaxe a través da súa vida no que “conto as miñas experiencias, as miñas reflexións e os meus sentimentos”. Unha obra “imprescindible para coñecer a Paco Ascón, un artista polifacético que nos regala un testemuño persoal cheo de emoción e sabedoría”, en palabras de Avelino Jácome, director da editorial Andrómena Senlleira, presente tamén no acto, quen destaca que se trata dun libro que “convida á reflexión e á introspección; unha viaxe a través da vida dun artista que nos regala a súa visión do mundo”.

O acto contaba coa intervención do autor, do intelectual ourensán Jácome, líder do movemento cultural “Nós, A Xente do Redor”, do que forma parte o propio Ascón e do presidente do IEV Aurelio Blanco Trincado.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button