
Cada unha das esceas da paixón e morte de Cristo serán recreadas en Vilar-O Caurel no mediodía do Venres Santo. Esta representación relixiosa, que se perdera décadas atrás, foi recuperada hai uns anos pola Asociación Fonte do Milagro de Froxán (Lugo). Son un total de 14 estacións que parten da Capela de Castro Grande.
