O Concello de Parada de Sil vén de iniciar as festas do Nadal coa posta en marcha do alumeado público navideño en prazas e rúas e nomeadamente na capela de San Ramón onde se atopa o Belén xigante do Señor. José que pode ser visitado nestas datas.
O día 15 ás catro da tarde no salón de plenos do concello terá lugar un taller de adornos de nadal.
Aquilino Domínguez, alcalde de Parada de Sil, salienta a idea que está a pór en práctica no municipio e nese senso destaca e gradece á coral Aqua Música o seu dispor para vir a Parada o domingo día 18 e a partires das 13,30h. percorrer bares e restaurantes cantando panxoliñas como era tradición xa perdida que se pretende recuperar.
Así mesmo e para conciliar a vida familiar e laboral os nenos e nenas de Parada contarán cun campamento no local de lecer dos nenos dende o día 26 ata o día nove de xaneiro no que se desenvolverán actividades de entretemento e formativas.
Tamén como vén sendo tradición, o día 27 irán 40 nenos de familias de Parada de Sil a Pazolandia nenos e nenas que viven no concello ou fora del pero que ten vivenda no municipio. Este ano o Concello felicitará o Nadal a toda a veciñanza e institucións cunha postal deseñada polos cativos do concello.
Rematarán as festas co tradicional cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro, na que as súas Maxestades de Oriente traerán moitos agasallos ós nenos, cada vez máis numerosos e logo pasarán tamén polo xeriátrico para agasallar as persoas maiores converindose nunha actividade interxeracional con grande chocolatada.
Imaxes cedidas polo Concello de Parada de Sil.