CulturaCulturaÚltima hora

Papá Noel visitará Parada de Sil o vindeiro 24 de decembro

 

Entre as variadas propostas do programa de Parada de Sil para este Nadal esta unha visita moi especial: a de Papá Noel. Achegarase ata esta localidade da Ribeira Sacra ourensá ás 18h. do vindeiro 24 de decembro. Será no salón de plenos do Concello onde se reunirá coa máis pequenos, que poderán entregarlle as súas cartas. Ademais haberá chocolate quentiño para todos os asistentes.

Esta visita será posible pola colaboración dos Noviñ@s de Parada de Sil, a ANPA do seu centro escolar.

Artigos relacionados

Back to top button