CulturaCulturaÚltima hora

Parada de Sil adhírese á decisión da Deputación de Ourense de concederlle a medalla de ouro a Antonio Carreño

O profesor, investigador e escritor Antonio Carreño./ Foto cedida.

 

O Concello de Parada de Sil vén de comunicar a súa adhesión á decisión da Deputación de Ourense de concederlle a medalla de Ouro da Provincia “ao profesor e conveciño noso Antonio Carreño González. Tal honra fai xustiza a traxectoria e méritos acumulados ao longo da súa dilatada carreira como doutor en linguas románicas por Yale, que impartiou o seu saber nalgunhas das máis prestixiosas universidades do mundo como Columbia, Urbana-Champaign ou Browun onde dirixiu a cátedra MacMillan”, resaltan dende esta administración local.

Hispanista de referencia dende fai anos, está considerado un dos mellores especialisatas do Século de Ouro e cecáis o posuidor do coñecemento máis profundo da figura de Lope de Vega sobre o que fixo múltiples traballos, dos cales o titulado “El romancero lírico de Lope de Vega” valeulle o premio Ramón Menéndez Pidal, concedido pola Real Academia Española

Difusor da cultura galega e organizador e participante en numerosos congresos sobre literatura galega e organizador de viaxes de escritores galegos aos Estados Unidos. Ademais ten publicados tres libros de crónicas sobre a Ribeira Sacra nos que pon en valor os usos e costumes desta zona, recuperando en moitos dos relatos a memoria de actividades hoxe esquecidas, dous levan por titulo Crónicas desde La Ribeira Sacra e un terceiro, Crónicas de un maestro Rural ( De Boston a la Ribeira Sacra). Tamén é comendador da Orde de Isabel a Católica.

Aquilino Domínguez, alcalde de Parada de Sil, asegura que “é a única persoa que a día de hoxe goza da distinción de fillo predilecto do Concello”.

Artigos relacionados

Back to top button