CulturaCulturaÚltima hora

Parada de Sil celebraba os Maios por primeira vez

 

A proposta da encargada do centro de nenos, Leticia Rodríguez, este ano elaborouse un Maio tradicional e moi participativo, canalizado a través da ANPA Os Noviños do Sil.

O maio paseouse por Parada de Sil con especial atención ás prazas de O Barquilleiro e O Curtiñeiro onde foi visto por moitos visitantes e aínda que non houbo coplas, Lety afirma que xa as están a preparar para o ano próximo.

 

 

Dende o concello, o alcalde Aquilino Domínguez, amosa publicamente o seu “agradecemento a Noviños do Sil que son unha asociación moi dinámica”.

Ao remate servíanse uns petiscos de confratenización entre os colaboradores na preparación do Maio.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button