ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil estrea Casa do Maior

 

O concello de Parada de Sil “está de noraboa”, asegura o seu alcalde, Aquilino Domínguez. O rexedor explica que, “ao amparo dunha subvención convocada pola Xunta de Galicia”, Yolanda García, veciña de Sacardebois, acaba de abrir un centro na localidade de Vilar con capacidade para cinco usuarios.

En principio o horario será de 9 a 5 da tarde, puidendo, os que o desexen, levar a comida ou xantar coa do centro, neste caso terían que abonar unha cantidade a detrminar. O transporte dende o domicilio ó centro é gratuíto.

Neste Centro do Maior ofertaranse actividades acordes coas súas patoloxías e realizarase xerontoximnasia e actividades diarias. Este novo servizo pretende “facilitar a permanencia das persoas útiles no seu domicilio garantindo alimentación, aseo e control dos medicamentos, entendendo que, ao permanecer no seu domicilio, mantense o patrimonio natural construído no rural e non se abandona”, destaca o alcalde de Parada de Sil.

Yolanda García está moi ilusionada con este novo proxecto e, pola súa experiencia e estudos, agarda ofertar un bo servizo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button