ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil estrea un parque biosaudable na área recreativa de Os Torgás

 

O Concello de Parada de Sil vén de instalar recentemente un parque biosaudable na área recreativa de Os Torgás, formado por cinco elementos que fan posible a realización dun traballo físico específico de todas as parte do corpo, e de determinadas capacidades como equilibrio, forza, coordinación, elasticidade e mobilidade.

A esta actuación destinouse un orzamento de 20.000 euros que foron subvencionados pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) na liña que se outorga a concellos saudables, rede á que pertence Parada de Sil, segundo informa o seu alcalde, Aquilino Domínguez. Esta iniciativa enmárcase na campaña financiada pola Unión Europea, Fondos Next Generatios UE, Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Sanidade do Goberno de España.

Con esta actuación preténdese cubrir unha necesidade social, ao tempo que se fomenta unha vida máis saudable, dado que este circuíto “está especialmente indicado para un exercicio suave, ao aire libre e para favorecer a socialización da veciñanza”.

Tamén sinal ao alcalde que, pola ubicación na que se atopa, “será usado con toda seguridade por moitos dos visitantes a este concello corazón da Ribeira Sacra”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button