CulturaCulturaÚltima hora

Parada de Sil presenta o seu completo e variado “Verán Cultural”

 

Parada de Sil vén de presentar os contidos do seu “Verán Cultural”, cun variado e completo programa de ata 15 propostas que van dende a música e o teatro, pasando polo cine, as rutas de sendeirismo e fotografía ata un orixinal taller de chapas en igualdade. Desenvolveranse entre os meses de xullo e outubro.

“É un potente verán cultural no que tamén se prima a conciliación da vida familiar e laboral cos campamentos para nenos e nenas de cero a 16 años”, segundo destaca o grupo de goberno de Parada de Sil.

 

 

Entre as primeiras propostas deste programa figura “Moriñña dance project”, da Compañía de Danza, previsto para esta mesma fin de semana. Poderá verse o 14 de xullo no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button