OurenseÚltima horaVídeos

“Parranfón de Vrau 2023” en Campobecerros (Castrelo do Val)

Este ano este Entroido de verán estaba adicado á temática do vello oeste

 

Peliqueiros, fariña, formigas e Parranfóns son os referentes do tradicional Entroido de Campobecerros (Castrelo do Val). A súa data central é o Sábado do Entroido, pero dende hai un tempo, a mocidade desta localidade tamén celebra esta festa, aínda que dun xeito ben diferente, en pleno agosto. É o que a veciñanza chama “Parranfón de Vrau”.

E celebrábase ao longo desta mañá de 12 de agosto na que os difraces e a festa percorría Campobecerros. En cada edición acostuma escollerse unha temática diferente e a deste ano estaba centrada no vello oeste. Caracterizados dese xeito, os mozos e mozas rondaban a aldea e despois a festa remataba á beira do río.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button