EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Participación do sector vitivinícola valdeorrés no Programa de Experto en Marketing Dixital, en Laias

O curso, promovido por ACRUAGA e no que que participan 25 alumnos, iniciábase hoxe e impulsarase durante sete semanas nos meses de marzo e abril

 

A Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das I.X.P Augardentes e Licores de Galicia (ACRUAGA) retoma, co respaldo da Xunta de Galicia a través do Igape e en colaboración coa Galicia Business School, a súa axenda formativa para os membros destes sectores produtivos galegos.

Tras a boa acollida do Programa Superior en Dirección e Xestión de Empresas Vitivinícolas, impulsado hay dous anos, ACRUAGA activa agora un Programa de Experto en Marketing Dixital que, durante varias semanas, se celebrará nas instalación do Balneario de Laias, no municipio ourensán de Cenlle.

Neste curso participan membros do sector vitivinícola de Valdeorras, posto que o seu consello rRegulador é un dos que integran esta asociación. No acto oficial de apertura deste Programa, que tivo lugar esta mañá, participaron o director da Área de Internacionalización do Igape, Augusto Álvarez-Borrás Massó; o director da Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga e o tesoureiro de ACRUAGA, Juan Manuel Casares Gándara.

Competitividade e internacionalización

Precisamente, no nome de ACRUAGA, Casares destacou que este Programa ten como obxectivo “contribuir a mellorar a competitividade e a internacionalización das empresas vitivinícolas galegas, e tamén do sector da augardente e dos licores tradicionais”. Neste sentido, o Programa Experto en Marketing Dixital permitirá a os que o realicen obter un certificado profesional recoñecido en máis de 60 países do Digital Marketing Institute (DMI) de Dublín.

Casares destacou tamén que o Programa, no que participan 25 membros do sector vitivinícola e dos licores e augardentes de Galicia, pertencentes aos consellos reguladores que conforman ACRUAGA, propón ademais “adaptar e modernizar as estratexias de marketing e vendas para que as adegas e destilerías de licores e augardentes de Galicia poidan competir eficazmente nun mercado global, cada vez máis orientado cara ao dixital”.

Neste sentido, a través dos seus contidos de “alta calidade”, impartidos por un cadro docente de “gran nivel”, trasladaranse aos alumnos “ferramentas e coñecementos necesarios para incrementar as vendas e as ganancias no mercado dixital”. Cunha duración de 57 horas repartidas en sete sesión presenciais que terán lugar os xoves de 09,30 a 18,30 horas, o curso permite -grazas á certificación DMI- que os seus alumnos poidan seguir tendo, tras a súa conclusión, acceso a contidos actualizados, cursos e webinars relacionados co marketing, transformación dixital e innovación.

Sobre ACRUAGA

ACRUAGA, entidade que organiza a acción, naceu en 2021 para dar cobertura a un convenio de colaboración asinado co IGAPE co obxectivo de promocionar a nivel internacional os viños e destilados amparados baixo selos de calidade diferenciados de Galicia. A entidade, que impulsa accións de difusión dos produtos amparados, pero tamén formativas (como é o caso do Programa inaugurado hoxe), está conformada por seis organismos: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais de Gali

Artigos relacionados

Back to top button