DeportesÚltima hora

Partido benéfico entre os veteranos do C.D. Rúa e do C.D. Barco, este domingo no Aguillón

O encontro será ás catro da tarde no campo Vicente Solarat e a entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros

Os veteranos do C.D. Rúa e do C.D. Barco no partido do ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un ano máis os veteranos do C.D. Rúa en colaboración co Concello, e coas Voluntarias da Caridade rematarán o ano cun partido benéfico no que de novo se enfrontarán aos do C.D. Barco.

Aproveitando que non hai liga, o encontro será este domingo 29 de decembro no campo de fútbol Vicente Solarat Maceda a partir das 16h. e a entrada será un quilo de comida “preferiblemente leite, azucre, aceite e produtos navideños”, para que a xente máis necesitada poida comezar o ano ben alimentada.

 

Artigos relacionados

Back to top button