DeportesÚltima hora

Partido de fútbol solidario de veteranos no Aguillón para despedir o ano

C.D. Rúa-C.D. Barco este sábado 30 de decembro ás 16:30h.
Cartel do partido solidario de veteranos.

Máis que nunca o Nadal é tempo de amizade e solidariedade, na que se envorcan de forma especial as competicións deportivas.

O fútbol non é alleo a esta tendencia e dende os veteranos do C.D. Rúa, en colaboración co Concello, propoñen un partido solidario para este sábado 30 de decembro no que se enfrontarán aos do C.D. Barco.

O encontro será no campo de fútbol Novo Aguillón a partires das 16:30h. e todo o recadado irá destinado ás Voluntarias da Caridade. Por iso, dende a organización convidan á afección a achegarse ao campo aportando un quilo de alimentos non perecedoiros. Ademais, os veteranos do Rúa sortearán un xamón entre todo aquel que merque rifas.

Dende o equipo rues agradecen a colaboración neste evento do conxunto barquense e tamén do árbitro, Carlos López Gudiña, que pitará o encontro de balde.

 

Artigos relacionados

Back to top button