CulturaCulturaÚltima hora

Péchase o ciclo “Santa Cristina in musica en Parada de Sil” cun cheo absoluto

 

Na pasada fin de semana celebrábase o segundo concerto do “II Ciclo Santa Cristina in musica, un diálogo musical na Ribeira Sacra”, no que os músicos portugueses Pedro Sousa (frautas históricas) e María Bayley (voz, arpa e órgano) interpretaron “polifonía portuguesa sobre cánticos e cancións dos séculos XVI e XVII”. O programa, sobrio e íntimo, xunto ao uso de instrumentos antigos, creaba un ambiente que trasladaba ao público á época das obras do programa.

 

 

Como anécdota cabe destacar o esforzo que supuxo trasladar un órgano positivo ao templo, algo que se podería simplificar e moito cun instrumento electrónico, pero que para a organización non era unha opción, porque se perdía a sonoridade tan especial que ten un instrumento de tubos. Por primeira vez neste ciclo a organización colgou o cartel de aforo completo.

Desde hoxe mesmo xa se empeza a traballar na próxima edición que volverá contar con músicos profesionais de primeiro nivel. O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quere agradecer ao público a súa asistencia así como “á empresa Shelly Art a elección dos músicos e a súa exquisita organización” e manifestaba “a firme aposta deste concello pola cultura e posta en valor do patrimonio de Parada de Sil”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button