EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Pedrazáis Godello, prata na XLIV Cata Transfronteiriza de brancos

Cedida.

 

Pedrazáis Godello, da adega valdeorresa Alan, que traballa exclusivamente con viñedos propios, obtivo a prata na categoría de Godellos de Valdeorras 2019 na XLIV Cata Transfronteiriza de viños brancos. Durante o evento catáronse máis de dous centenares de viños.

O panel de cata está formado por profesionais da sumillería, con representantes da Asociación Galega de Catadoras e da Asociación Galega de Enólogos, entre outros.

“Pedrazáis Godello é un viño de finca elaborado 100% con uvas da variedade Godello procedente do viñedo Pedrazáis da D.O. Valdeorras. Un viño que xa foi recoñecido con diversos premios”, destacan dende a adega.

Artigos relacionados

Back to top button