ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Percorrendo a mina de ouro romana das Borreas (Viana do Bolo) no “Geolodía”

Unhas 25 persoas participaba nesta visita guiada por Víctor Barreiros, profesor da Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña

 

Unhas 25 persoas sumábanse á actividade organizada para celebrar o “Geolodía” na provincia de Ourense e que nesta ocasión tiña como escenario a explotación aurífera romana das Borreas (Viana do Bolo). Organizábase unha visita na mañá do sábado 11 de maio a esta impresionante mina de ouro, “tipo Médulas, de menor tamaño que as leonesas Médulas de Carucedo, pero de gran beleza e interese xeolóxico”, aseguran os promotores. O percorrido era guiado por Víctor Barrientos, profesor da Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña e que conta con ampla experiencia en divulgación científica.

“Geolodía” está considerado o maior evento de divulgación científica ao aire libre de España. Trátase dunha iniciativa organizada pola Sociedade Xeolóxica de España, co apoio da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía, con actividades en diferentes puntos do país. Así, na fin de semana do 11 e 12 de maio estaban previstas 64 excursións de divulgación da xeoloxía, a maior parte delas en España, pero tamén noutros países.

Fotos cedidas.

Back to top button