ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Percorrendo a ruta dos Soutos en Vilariño de Conso

 

Unhas 30 persoas realizaban neste domingo 3 de setembro unha andaina pola Ruta dos Soutos, un traxecto de sendeirismo duns 10 km situado no municipio de Vilariño de Conso. Esta actividade, de balde, forma parte do proxecto “Mergúllate en Silbina”, unha iniciativa do GDR Sil-Bibei-Navea para dar a coñecer o territorio dos dez concellos que conforman este grupo de desenvolvemento rural.

 

 

Nela combínase o sendeirismo interpretativo coas degustacións de produtos locais e as visitas culturais guiadas. Neste caso á visita realizábase ao Museo Etnográfico de Vilariño e tamén había unha degustación no albergue.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button