DeportesMontañismoÚltima hora

Percorrendo Trevinca, o teito galego, á luz da lúa chea

Dende Vilanova (A Veiga) partirá ás 00h. do 5 de xullo a “XI Noite entre Lobos e Estrelas”, organizada polo Club Montañas de Trevinca

Participantes na pasada edición da “Noite entre Lobos e Estrelas” en Trevinca./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na noite do do 4 ao 5 de xullo terá lugar unha nova edición da marcha de alta montaña “XI Noite entre Lobos e Estrelas” por Trevinca. Desta volta a cita, organizada polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca,  propón un traxecto de 24 km, con fortes desniveis de ascenso e descenso, e cunhas 11 horas de duración.

O programa da actividade abrirase ás 00h. do 5 de xullo cunha xuntanza dos participantes en Vilanova (A Veiga), punto de partida, a unha altura de 1.127 m. Dez minutos despois comezará a marcha, saíndo pola ruta homologada PRG-198 en dirección ao Pico Maluro e Camporraso (1.847 m), descendendo despois por Castro Veloso ata o pontón de San Xil, e continuando cara O Teixadal de Casaio e, finalmente, cara A Cabrita (Carballeda de Valdeorras), onde se prevé concluír a marcha arredor das 10h. do 5 de xullo.

Unha vintena de persoas participarán neste singular percorrido, acompañados por cinco membros da organización. Unha das novidades que marcará a “Noite entre Lobos e Estrelas” deste ano será que nela teranse en conta as disposicións vixentes polo Ministerio de Sanidade con relación ao Covid-19. E, ademais do equipo de montaña apropiado segundo a meteoroloxía, os asistentes deberán levar obrigatoriamente botas de montaña de caña alta.

Artigos relacionados

Back to top button