ConcellosÚltima hora

Petín abre mañá as súas piscinas municipais que funcionarán só con bono

Piscinas municipais de Petín./ Foto cedida.

 

A partir de mañá martes 23 de xuño abrirán as súas portas as piscinas municipais de Petín, cun horario que irá de 13:30h. a 20:30h. Terán aforo limitado para garantir a seguridade e, nesta campaña, funcionarán cunha novidade. Só poderá accederse a elas mercando bonos.

“Nesta ocasión decidimos non vender entradas e traballar só cos bono para garantirlle a todas aquelas persoas que os mercan que despois poidan ter un sitio na piscina. Se vendemos entradas podería darse a circunstancia de que nun determinado momento o aforo estivese completo e que persoas con bono tivesen que quedar fóra. Entón, para controlar mellor ese aforo, optamos por esta decisión”, explica a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista.

Hai dous tipos de bonos: individuais e familiares. No caso das persoas empadroadas en Petín, o prezo do bono individual é de 24 euros e o familiar de 40 euros. Para aqueles non empadroados neste municipio valdeorrés o prezo do bono individual é de 30 euros e o familiar de 50 euros.

Artigos relacionados

Back to top button