ConcellosPetínÚltima hora

Petín acollerá a presentación do libro “El monte o la muerte” de Santiago Macías

Terá lugar o vindeiro sábado, 29 de agosto, na Casa da Cultura ás 20:00 horas

A Casa da Cultura de Petín acollerá o vindeiro sábado, 29 de agosto, a presentación do libro “El monte o la muerte” de Santiago Macías. Terá lugar ás 20:00 horas.

Este libro relata a loita armada da guerrilla antifranquista despois da Guerra Civil no noroeste español, facendo fincapé nas zonas do Bierzo e Valdeorras. Está estructurado a través da vida de do guerrilleiro Manuel Girón e dunha investigación con documentos e testemuños.

 

Cartel da actividade.

 

Ademais, “El monte o la muerte” vai pola súa quinta edición e conta co prólogo do escritor Julio Llamazares e de Joseph Girón Bazán.

Artigos relacionados

Back to top button