En portadaÚltima hora

Petín celebra a súa primeira feira tras o confinamento

 

A praza de Petín volvía ser escenario neste domingo 21 de xuño da súa tradicional feira mensual. Media ducia de postos (respectando as distancias de seguridade) de prendas de vestir e un pulpeiro, situado xunto a un dos bares, atraían aos veciños ao longo desta mañá. A feira animaba tamén o ambiente e as terrazas dos dous abertos nestes momentos na praza.

 

 

Ademais os voluntarios da agrupación de Protección Civil de Petín velaba por que se cumprisen as medidas de seguridade e distanciamento establecidas polas autoridades sanitarias. Os veciños que acudían, entre eles a alcaldesa Raquel Bautista, levaban mascarillas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button