CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Petín desenvolve o programa de sensibilización “Coeducando creando”

Na mañá do sábado 19 de setembro terá lugar unha actividade coeducativa dirixida a nenos de infantil e primaria

 

Dende o Concello de Petín esta a impulsarse un programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Neste marco, o vindeiro sábado 19 de setembro está prevista unha actividade coeducativa titulada “Coeducando creando. As lentes violeta e o dicionario da igualdade no Concello de Petín”.

Vai dirixida á poboación infantil “para impulsar a participación dos nenos e das nenas en accións de defensa dos valores da igualdade e a cultura da paz”, tal e como avanza a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista.

Terá lugar entre as 10h. e as 14h. na Casa da Cultura de Petín. Para ampliar información pode visitarse o Concello, a súa web www.petin.es ou contactar a través do correo electrónico traballadorasocial@petin.gal.

 

Artigos relacionados

Back to top button