ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Petín despide o Nadal coa recepción dos Reis Magos na Casa da Cultura

Melchor, Gaspar e Baltasar percorrían a localidade en tren antes de atender aos cativos

A ritmo de pandeireta esperaban os veciños de Petín aos Reis Magos na tarde do 5 de xaneiro. Despois de percorrer, por primeira vez, as rúas da localidade en tren, as Súas Maxestades chegaban ata a Casa da Cultura para render culto ao neto Xesús no belén vivinte e despois atender as petición dos cativos que un a un se ían achegando a eles e darlles caramelos.

Normalmente os Reis Magos de Petín, percorrían en microbús os diferentes pobos do municipio antes da recepción na Casa da Cultura, pero este ano por primeira vez facíano á inversa, e dende o Concello poñían un autobus para que baixaran os veciños dos pobos a Petín, introducindo ademáis a novidade do percorrido en tren.

Con este acto, Petín despedía o Nadal.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button