ConcellosPetínÚltima horaVídeos

Petín rende culto a Santiago Apóstolo

 

Con moita música e cultos celebra Petín as súas festas patronais na honra a Santiago e  Santa Ana. E unha das máis esperadas polos devotos do Apóstolo é a procesión que no mediodía deste 25 de xullo percorría o centro desta localidade valdeorresa. Un percorrido relixioso que finalizaba na igrexa, co acompañamento musical da charanga Brisas do Sil. Xa no templo tiña lugar a misa solemne.

 

Imaxe do Santiago Apóstolo que se conserva na igrexa de Petín.

 

Despois veciños e visitantes dirixíanse cara a praza para desfrutar da sesión vermú a cargo da orquestra Cocktail que será tamén a encargada do baile na sesión de tarde e verbena.

 

 

Mañá, martes 26 de xullo (festivo local en Petín), será o día de Santa Ana con procesión tamén ás 12:45 horas seguida da misa e sesión vermú na praza Doutor Quiroga amenizada pola charanga CLK que tamén fará pasarrúas e alborada pola mañá. O baile de tarde e verbena correrá por conta da orquestra pontevedresa Miramar.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button