ConcellosO BarcoÚltima hora

Piden o cambio de ubicación dos contedores da Urbanización Dona Mencía da Proba (O Barco)

A veciñanza está descontenta pola súa colocación xusto ao lado do parque infantil

 

A veciñanza da Urbanización Dona Mencía da Proba (O Barco) manifesta o seu descontento polo cambio na ubicación dos contedores de recollida de lixo, que hai unhas semanas se colocaban xustamente á entrada do parque infantil e pídenlle ao Concello do Barco que a modifique.

“Gustaríanos que se recolocasen noutro lugar xa que a súa localización ao lado dun parque non nos parece correcta, tendo en conta que agora coas altas temperaturas proliferan e aparecen máis insectos”, din os veciños, que tamén comentan que agora a recollida de lixo nese punto non se está a realizar a diario”. Os veciños confían en que a súa solicitude, que xa comunicaron ao Concello, poida ser tida en conta.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button