OurenseÚltima hora

Ponse en marcha a Subcomisión Provincial de Educación Vial

Na mañá do 18 de abril vén de poñerse en marcha a Subcomisión Provincial de Educación Vial,  presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro. A reunión tiña lugar na propia Subdelegación do Goberno na cidade.

Atendendo ás disposicións e recomendacións que no día de onte se estudaron na Comisión Provincial de Tráfico e Seguridade Vial, hoxe constituíase esta subcomisión composta por diferentes entidades (Educación, ANPAS, Protección civil, Policías locais, Formadores, Sanidade, Saúde laboral, Centro Penitenciario e as Asociacións Stop Accidentes e PAT) “coa finalidade de seguir afondando nesta materia, e planificar máis accións específicas conxuntas de educación e formación vial para diferentes colectivos da provincia”, segundo se informa dende a Subdelegación.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button