ConcellosÚltima horaVerín

Ponse en marcha o plan especial de limpeza e desbroce das ribeiras do río Támega en Verín

Os traballos buscan a mellora da vexetación de ribeira deste cauce mediante a retirada de árbores mortas do seu leito, retirada de vexetación invasora e desbroce selectivo en ambas as marxes, segundo o Concello

O río Támega ao seu paso por Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

O Concello de Verín vén de activar o seu plan especial de limpeza e desbroce das marxes do río Támega. Os operarios municipais xa se atopan traballado na primeira das súas fases, que inclúe os tramos comprendidos entre a área recreativa de Tintores ata ponte da N-525 ao seu paso por Verín; e desde a ponte de Pazos ata nova ponte en construción situado en Oímbra.

Os traballos efectuados dentro deste plan perseguen a mellora da vexetación de ribeira do río Támega mediante a retirada de árbores mortas do seu leito, retirada de vexetación invasora e desbroce selectivo en ambas as marxes.

“O obxectivo principal deste plan é favorecer o comportamento hídrico do río Támega ao seu paso polo noso municipio e poder así manter o seu caudal ecolóxico; sempre, por suposto, respectando en perfecto estado a biodiversidade, tanto do propio río como da zona as súas ribeiras”, indica o alcalde de Verín, Gerardo Seoane. Ademais recordou que o Concello de Verín conta cos permisos correspondentes dos organismos competentes (Consellería de Medio Ambiente e Confederación Hidrográfica do Duero) para realizar esta actuación.

Esta acción, na que se investirán 120.000 euros, está dividida en dúas fases. A primeira, na que se está traballando actualmente, abarca os tramos comprendidos entre o area recreativa de Tintores ata ponte da N-525 ao seu paso por Verín; e desde a Ponte de Pazos ata nova ponte en execución situado a paraxe do Pracer, en Oímbra. A segunda, que será executada en setembro, limpará as ribeiras do Támega ata a fronteira con Portugal.

Proxecto integral de reestruturación e saneamento de Verín

Esta intervención forma parte do Plan Integral de Reestruturación e Saneamento de Verín deseñado polo Concello e que “está destinado a completar o correcto funcionamento do ciclo da auga do río Támega ao seu paso por vila. O mesmo suporá un investimento total que roldará os 400.000 euros”, segundo indica esta administración local.

Este proxecto divídese en tres grandes actuacións. A primeira, que xa se atopa en marcha, comprende accións de limpeza e desbroce das ribeiras do río Támega; a segunda, estará enfocada a mellorar saneamento hídrico ao seu paso pola zona urbana; e a terceira terá como obxectivo o saneamento nos pobos que conforman o municipio.

Artigos relacionados

Back to top button