En portadaÚltima hora

Portocabo, cuxo director xeral é o valdeorrés Alfonso Blanco, Premio da Cultura Galega no audiovisual

O xurado destes galardóns vén de facer público o fallo da edición 2023

O director xeral de Portocabo, Alfonso Blanco./ Cedida.

 

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2023 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez.

Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas:

 

 

Así entre os galardoados figura a produtora Portocabo, que dirixe o valdeorrés Alfonso Blanco “Fosco”, natural de Freixido de Abaixo (Petín).

 

Do xurado deste premios tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a secretaria xeral de igualdade, Sandra Vázquez; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, así como profesionais da cultura de Galicia de recoñecido prestixio como Fina Casalderrey, en representación da Real Academia Galega; Elena Vázquez Cendán, do Consello da Cultura Galega; Ramón Yzquierdo Perrín, da Real Academia Galega de Belas Artes; Esperanza Gigirey, directora do Museo das Peregrinacións e de Santiago; Carla Reyes, presidenta da asociación Executivas de Galicia; Patricia Hermida, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais, e Estíbaliz Veiga, actriz, presentadora, pedagoga teatral e guionista.

Con estes galardóns, a Xunta de Galicia distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button