EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Pregón en forma de teatro para encetar a III Festa do Casco Vello do Barco

Da man de Gabriel Prada, de Gargallada Teatro, poñíase en marcha a partires das 21h. do 21 de xuño a III Festa do Casco Vello do Barco. Este barquense era o encargado de dar o pregón desta edición e facíao dun xeito orixinal: cunha representación teatral sui generis. Con ela pretendía ademais renderlle unha homenaxe á xente a súa xeración, a dos anos 60.

“É un pequeno espectáculo, un xeito de falar da xeración do baby boom, de todo o que ten que ver coa nosa época como a música, como cambiou a televisión, como moitos cairon polo mundo das drogas… Con esta actuación quero reinvidicar un pouco a miña xeración”, dicía momentos antes de subirse ao palco e poñer en escena o seu particular pregón.

Con el abríase o programa da III Festa Casco Vello, que continuaba pola noite con dous concertos: Wavy Gravies e, á medianoite, o grupo Os Renegados.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información:
https://osil.info/conta-atras-para-a-iii-festa-do-casco-vello-do-barco/

Artigos relacionados

Back to top button