Educación

Premios á innovación no IES Carlos Casares

As súas autoras Paula e María, recibiron o premio de mans de Maximiliano Villarejo directivo de Endesa na Unidade Territorial Ponferrada da UPH Noroeste

IES-Carlos-Casares-premios-Endesa

O traballo de eficiencia enerxética sobre “illantes térmicos en vivendas” valeulle a María Balnco Setién e Paula Álvarez González, alumnas do instituto de Viana do Bolo, o premio científico IES Carlos Casares-Fundación Endesa sobre enerxías limpas, que dende hai cinco anos premia o inxenio e a innovación a prol do aforro enerxético.

Tal como explican dende o centro escolar, no traballo premiado “trátanse o bioclimatismo, os materiais novidoso e a arquitectura, tendo en conta o entorno e os factores ambientais”. As súas autoras Paula e María, recibiron o premio de mans de Maximiliano Villarejo directivo de Endesa na Unidade Territorial Ponferrada da UPH Noroeste que se achegou ata Viana do Bolo.

No acto tamén estiveron persentes Ernesto Marra e Félix Carrión “mostrando unha vez máis o apoio da hidroeléctrica ao labor do noso instituto, soporte que serguirá alomenos un ano máis mediante un novo convenio subscrito no mes de maio” explica o director do centro Carlos Ferreiro.
No acto, celebrado a comezos de xuño, o irmán de Carlos Casares, escritor galego que deu nome ao instituto, aproveitou a ocasión para doar ao centro un lote de libros de texto.

Texto: Mónica G.Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button