Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

Preséntase a candidatura do PP de Verín, que lidera Lara Da Silva

 

“Esta é unha nova etapa do PP de Verín. Teño a honra de encabezar esta candidatura, con humildade, forza, ilusión e o meu estilo. Máis aló dunha lista, estes son os meus compañeiros, os que me acompañarán nos próximos catro anos para traballar baixo uns valores e para todos os verinenses”. Así se presentaba a candidata a alcaldía do PP de Verín, Lara da Silva, no acto de presentación da lista coa que esta formación política concorrerá ás vindeiras eleccións municipais en Verín.

“Os membros desta candidatura tiveron a valentía de poñerse a traballar por mellorar Verín. Por facer un Verín aberto nos seus horizontes, aberto ao resto de concellos. Un Verín que volva a ser o centro da comarca e recupere a importancia que sempre tivo”, reivindicou a candidata, que estaba acompañada neste acto, que tiña lugar na sede local do partido, polo presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, e polo vicesecretario de Participación do PPdeG, Gabriel Alén.

Da Silva incidía en que “apostamos por un Verín respectuoso e transparente, que convide a investir e no que a defensa da sanidade e a blindaxe dos servizos públicos sexan cuestións prioritarias” e adianaba que “loitaremos para obter a confianza maioritaria dos veciños”.

O presidente provincial definiu á candidatura popular como “unha candidatura gañadora e artellada para impulsar a gran transformación de Verín e construír o futuro desta vila. Porque esta é unha candidatura ampla, renovada, que representa a todos os veciños da vila e que está liderada por unha magnífica candidata”. Así mesmo, amosaba o seu agradecemento a Lara da Silva, por ter dado ese paso adiante, “porque Verín merece unha alternativa, e esta candidatura é a garantía de que a partir do 28 de maio este concello abrirá un novo ciclo, con políticas rigorosas, realistas e coa capacidade para aproveitar todas as potencialidades deste concello en sectores estratéxicos como o vitivinícola, o turístico ou o termal”.

Pola súa banda, Gabriel Alén aseguraba que Lara da Silva “aposta pola creación de emprego. Ela e o seu equipo son unha garantía para dinamizar Verín, co seu programa e tamén reforzando as medidas implantadas pola Xunta de Galicia neste concello, como o primeiro Polo de Emprendemento. Ademais de colaborar dende o Concello na potenciación do polígono de Pazos e o desenvolvemento do de Tamagos”.

CANDIDATURA DO PP DE VERÍN

1.- Lara da Silva Rodríguez
33 anos
Avogada e criminóloga, con despacho en Verín

2. Aitor Álvarez Prado
41 anos
Diplomado en Maxisterio en especialidade de Educación Física
Técnico deportivo, profesor e empresario

3. Sonia Arias Pereira
45 anos
Diplomada en Relacións Laborais e administradora de fincas colexiada
Empresaria con despacho en Verín

4. Beatriz Blanco Adegas
42 anos
Educadora infantil e técnica superior en Administración e Finanzas
Autónoma

5. Bernardo Rodríguez Danoz
21 anos
Estudante de Dereito, Ciencias Políticas e Administración Pública na Universidad Autónoma de Madrid

6. Tamara Velázquez Rivero
41 anos
Operaria de produción en Augas de Cabreiroá

7. Paula Gómez García
33 anos
Servizo de limpeza do Hospital de Verín
Estudante do Grao de Psicoloxía

8. Juan Pablo García Losada

9. Benito Quiñones García
48 anos
Enfermero e podólogo, traballa no CSS de Verín

10. Benjamín Pérez Cuquejo
43 anos
Informático, traballa nunha explotación avícola

11. Emma Rodríguez Vicente
35 anos
Experiencia en xestión administrativa e contable. Formación en esteticista

12. Montserrat Diéguez González
51 anos
Administrativa en empresa privada e estudante de Radioloxía

13. Rosa Simón González
75 anos
Ama de casa e agricultura

14. Alejandro Justo Arias
27 anos
Deseñador de interiores, traballo en carpintería

15. Celestino Cid Lorenzo
41 anos
Autónomo

16. Pablo Reigada Vázquez
43 anos
Comercial en multinacional de gran consumo

17. María Luisa Valladares Rodríguez
62 anos
Médica en Verín

Suplentes

1. Benito García Veiga
64 anos
Empresario

2. Celia Sousa Suárez
62 anos
Técnico en xestión administrativa

3. Manuel Baños Fariñas
53 anos
Celador no Hospital de Verín

4. Ana Belén Abuín Aído
48 anos
Enfermeira no Hospital de Verín

Artigos relacionados

Back to top button