CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase en Monforte o documental “Camiño de Inverno a Santiago”

 

A Casa da Cultura de Monforte de Lemos acollía a partir das 13h. deste 2 de febreiro a presentación do documental “Camiño de Inverno a Santiago”, un proxecto incluído no programa O teu Xacobeo. O acto contaba coa asistencia da comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, así como de Jaime Pardo Valdés, de representantes valdeorreses como Montserrat Rodríguez e o concelleiro rues José Vicente Solarat, e da presidenta da Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra, Aínda Menéndez, e Marina Doutón, eidl de Cultura de Monforte, entre outros.

O documental O Camiño de Inverno recolle a experiencia dun peregrino que fai este Camiño facéndose eco das paisaxes, da arquitectura e patrimonio que atopa nesta ruta de algo máis de 200 quilómetros e que atravesa as catro provincias galegas. O máis singular do proxecto é que toda esta información chégalle ao espectador en primeira persoa, a través das entrevistas e interacción deste actor tanto con outros peregrinos como coas xentes que viven no Camiño (asociacións, hostaleiros, representantes das distintas administracións…).

No transcurso do acto, a comisaria do Xacobeo 2021 destacou “a importancia de proxectos como este para potenciar e promocionar outros camiños tan atractivos como o Francés” e fixo mención tamén ao feito de que o Camiño de Inverno foi un dos últimos recoñecidos oficialmente, xunto co Camiño Portugués da Costa. Precisamente, o fomento de outras rutas e a desestacionalización do Camiño é un dos obxectivos do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, a folla de ruta para preparar a celebración do vindeiro Ano Santo.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button