ConcellosÚltima hora

Preséntase en Valdeorras o proxecto EmprendOU da Deputación de Ourense

 

O Centro Tecnolóxico da Pizarra en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) acollía na mañá deste mércores 15 de xaneiro un acto de presentación do proxecto EmprendOU, que promove a Deputación de Ourense “para apoiar a nova actividade empresarial da mocidade de zonas rurais afectadas polo gran desafío demográfico”.

Neste acto participaba a deputada provincial do Reto Demográfico, Igualdade, Benestar e Emprego, a barquense Luz Doporto, quen lle explicaba aos alcaldes, técnicos e representantes de entidades da zona, as liñas básicas desta iniciativa, indicando que con ela o goberno provincial “pretende afrontar o reto demográfico na provincia de Ourense, é un proxecto ao que cada día se suman máis persoas e que permite que numerosas iniciativas empresariais se poñan en marcha”.

O proxecto EmprendOU está deseñado para apoiar a nova actividade empresarial das persoas que teñen entre 16 e 30 anos para que poidan crear o seu propio posto de traballo, xa sexa individual ou formando parte dunha persoa xurídica de carácter mercantil, e o fagan naquelas áreas rurais afectadas polo gran desafío demográfico, os que se denominan “municipios elixibles”, en concreto, son 82 os concellos da provincia que poderán participar deste proxecto.

Os interesados en solicitar estas axudas poden facelo en calquera momento a través da páxina web: https://www.emprendou.com/.

Fotos da galería: Carlos G. Hervella.

 

A deputada Luz Doporto con asistentes ao acto de presentación do proxecto EmprendOU./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button