CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Preséntase o programa dos XXI Encontros Familia-Escola, no Barco

As conferencias desenvolveranse do 19 de febreiro ao 14 de maio no Teatro Lauro Olmo da vila

 

Baixo o lema “Educando saludable-mente” desenvolverase a 21ª edición dos Encontros Familia Escola, que neste 2024 poñen o foco na atención psicolóxica infantoxuvenil. O seu programa presentábase esta mañá no Teatro Lauro Olmo, que será escenario das seis conferencias destes encontros, que se desenvolverán do 19 de febreiro ao 14 de maio.

No acto participaban a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, e o presidente da Asociació Vagalume, José Fernández. “E un luxo colaborar nestes encontros sempre que non só educan aos nenos, senón tamén ás familias que é moi importante e aos educadores”.

Pola súa banda, o responsable de Vagalume anunciaba que a entidade lle entregará nesta edición o Vagalume de Ouro a Begoña Ibarrola, que ten participado neste encontro nas vinte edicións anteriores.

 

Artigos relacionados

Back to top button