A RúaConcellosÚltima hora

Preto de 300 persoas asisten ao magosto da Rúa Vella, o primeiro da tempada

 

Un ano máis era a A Rúa Vella, da man da Asociación Sabugueiro, a que abría a tempada de magostos na comarca de Valdeorras.

Facíao na tarde-noite deste sábado 21 de outubro, reunindo a unhas 270 persoas no atrio da igrexa de Santo Estevo, baixo a carpa instalada ante a posible chuvia que non caeu deixando unha boa noite.

 

Membros da Asociación Sabugueiro.

 

Coas castañas asadas xa pola tarde e todo preparado, no interior do adro colocábanse os membros da asociación que, igual que o ano pasado, colocábanse en cadea para ir entregando aos asistentes o menú (bolo preñado, pizza, biscoitos, bullotes, auga e viño). No decurso da festa na que non faltou a música, tamén se sorteaban diferentes produtos e artigos doados por negocios do pobo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button