CulturaCulturaÚltima hora

Preto de 400 marcapáxinas están expostos na Biblioteca Municipal da Rúa

Son da colección de David López Nogueira e poden verse durante este mes de marzo

 

De libros, de exposicións, de concellos, de campañas publicitarias e mesmo de rutas xacobeas. Ata un total de 347 marcapáxinas, de todas as procedencias, cores e tamaños, algunhas moi antigas, forman parte da exposición que pode verse durante todo este mes de marzo ba Biblioteca Municipal da Rúa.

 

 

O seu propietario é David López Nogueira, un apaixoado do coleccionismo que despois de expoñer láminas de Castelao na Casa da Cultura, sorprende agora a todos os usuarios da biblioteca con esta peculiar mostra.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button