En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Preto de 500 persoas asisten ao XXVII Magosto da Rúa, pasado por auga

 

Di o refrán que “polo San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño” e así o facían na Rúa, celebrando na tarde deste sábado 11 de novembro a XXVII edición do Magosto do Concello.

Unha edición que reunía a unhas 500 persoas, coma sempre na Estación de Autobuses, a pesares da chuvia que tras un día tranquilo comezaba a caer en torno ás oito da tarde.

 

 

O magosto é unha festa en torno ao lume e ás castañas asadas. “Antigamente o lume, nas frías noites de comezos de novembro, convidaba a compartir contos e lendas antigas. E así, entre bullotes, chourizos asados, viño tinto novo, cantigas e contos continuábase unha tradición cuxos elementos son símbolos de vida e purificadores”, explican dende o Concello.

Hoxe mantense a esencia aínda que cambiu algo o menú, no caso da Rúa, os asistentes degustaban, ademais dos bullotes, bolos preñados, empanada e bica.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button