ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViana do Bolo

Procesión co Nazareno na noite do Xoves Santo, en Viana do Bolo

 

Os pasos da Confraría de Xesús Nazareno de Viana do Bolo volvían percorrer esta localidade na noite do Xoves Santo. Ás 23h. daba comezo a tradicional “Procesión do Prendemento”, acompañada polo son do grupo de Tambores da parroquia de Viana. Despois, a medianoite tiña lugar a Hora Santa ante o Monumento, na igrexa parroquial.

 

 

Para velar pola seguridade no desenvolvemento desta procesión contábase coa colaboración da Policía Local de Viana e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil deste municipio.

Tamén o Xoves Santo, pero pola tarde, ás 20h., nese mesmo templo celebrábase a misa da Cea do Señor.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información sobre a Semana Santa de Viana do Bolo, no “Especial Semana Santa” en papel do Periódico O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button