O Goberno de España vén de ampliar ata o vindeiro 1 de marzo os controis temporais na fronteira interior terrestre con Portugal. Será coas mesmas limitacións aplicadas durante os dez días iniciais, desde ás 01:00 horas do 10 de febrero de 2021 ata as 01:00 horas del 1 de marzo de 2021″. Así se recolle na orde publicada este martes no Boletín Oficial do Estado (BOE), que entra en vigor un día antes de que finalizase a orde que fixaba controis fronteirizos para tratar de conter a expansión do Covid-19.
Na normativa tamén se contempla, entre outras cuestións, que as entradas e saídas do territorio español a través da fronteira con Portugal só poderán realizarse polos pasos autorizados e durante os horarios que se establezan. Estes serán publicados pola Dirección Xeral da Policía, a encargada de coordinar coas autoridades portuguesas a listaxe de pasos e horarios, que informará diso ao público.
A orde publicada no BOE pode consultarse aquí: